LUMEDOLOOP

O lume está aceso.
O loop faino eterno.

«(Re)existencia» · LP 2026Rap en estado puro
Baixa
Rap en estado puro.

Lumedoloop é un trío de hip hop nacido en Compostela, formado por Jamas, Møu e DJ Mil — tres figuras fundamentais da cultura hip hop en Galicia cunha traxectoria de máis de dúas décadas.

En 2026 publican o seu primeiro LP, «(Re)existencia»: un traballo conceptual que explora identidade, resistencia e transformación.

O propio nome funciona como manifesto: Lume é a faísca creativa e a chama que impulsa a loita; Loop é o ciclo que permite aprender, caer, erguerse e transformarse.

II
Fase I · o lume da loita

Rexistencia

Quen son
Lumedoloop

Sobre o escenario, o flow magnético e a poética afiada de Jamas, a narrativa sonora de Møu e a técnica milimétrica de DJ Mil constrúen un concerto intenso, dinámico e sen concesións.

Unha viaxe que atravesa a poesía máis esixente, a denuncia social sen edulcorantes, a retranca como arma e a introspección máis fonda, mantendo viva a esencia do hip hop: palabra, ritmo e actitude.

JamasVoz principal
MøuProdución e voz
DJ MilScratches e djing
IIII
Fase II · o loop da transformación

Reexistencia

A música
(Re)existencia — Lumedoloop
Primeiro LP · 2026

(Re)existencia

Activa tres dimensións interconectadas e propón a creación artística como forma de resistencia cultural e vital.

RexistenciaReexistenciaExistencia
Máis vídeos
IIIIII
Fase III · o froito de resistir

Existencia

O directo

Próximas datas

Cargando datas…
(Re)existencia en vinilo
Mercadoría

Fai teu o disco

«(Re)existencia» xa en vinilo (14 temas). Lévao só ou no pack con camiseta.

21 €Vinilo
35 €Pack camiseta + vinilo
Comprar o disco ↗

Levade o lume ao voso escenario.

Contratación · Seispés

info@seispes.com 686 679 897

686 679 897 · 696 733 421 — seispes.com

Seguídenos